|
|
| 03/09/2010 |
| Santi Domínguez defende que traizoar a Vigo é opoñerse á fusión e apoiar “que Caixanova se marchara fóra cun SIP” |
Vigo, 3 de setembro de 2010.- O tenente de alcalde, Santi Domínguez, manifestou hoxe que cando se fala de traizoar á cidade estaría ben reflexionar un pouco e valorar se “traizoa á cidade quen defendeu sempre unha fusión que hoxe temos e que permite ter unha caixa galega forte con poder de decisión en Vigo e en Galiza”, como fixo o BNG, “ou quen rexeitaba esa fusión e prefería que Caixanova se marchara fóra cun SIP”. O nacionalista respostaba así a preguntas dos xornalistas, sobre ás declaracións realizadas hoxe polo alcalde, nas que reiterou as súas críticas a posición que mantivo o BNG na Lei de Caixas e na fusión entre Caixanova e Caixagalicia, acusando ao tenente de alcalde de tarizoar á cidade coa súa posición.
|
ler máis... |
|
|
| |
| 03/09/2010 |
| O tenente de alcalde anuncia o inicio da rehabilitación da Ribeira do Berbés coa recuperación de catro inmobles |
Vigo, 3 de setembro de 2010.- O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, presentaron este venres o balance do primeiro proxecto do Concello de Vigo para rehabilitar a fachada marítima da Ribeira do Berbés. Segundo destacou o tenente de alcalde, o inicio desta rehabilitación comezará coa actuación en 4 inmobles, que xa teñen aprobada a axuda municipal, e outros 6 que previsiblemente se adherirán o vindeiro ano ao proceso.
|
ler máis... |
|
|
| |
| 02/09/2010 |
| O BNG insta á Xunta a poñer en marcha o Plan Estratéxico de Peinador elaborado pola Concellería de Turismo |
Vigo, 2 de setembro de 2010.- O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, e a deputada do BNG no Parlamento galego, Carme Adán, e criticaron este xoves a “inacción” da Xunta de Galiza por non ter tomado ningunha decisión para manter os vós existentes no aeroporto de Vigo e impulsar outros novos cando foi o propio goberno galego o que unilateralmente decidiu asumir a competencia de negociar coas compañías aéreas hai máis dun ano. Os nacionalistas anunciaron que o BNG presentará unha proposición non de lei na que se insta á Xunta a poñer en marcha o Plan Estratéxico de Peinador elaborado pola Concellería de Turismo e que contempla diversas medidas para incrementar o número de pasaxeiros.
|
ler máis... |
|
|
| |
| 02/09/2010 |
| O cartaz da campaña do Día Internacional contra a Violencia de Xénero elixirase este ano a través dun concurso |
Vigo, 2 de setembro de 2010.- A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, anunciou este xoves que o prazo para participar no concurso de cartaces para empregar na campaña do Día Internacional contra a Violencia de Xénero do 25 de novembro será do 8 ao 28 de setembro. A concelleira do BNG salientou que esta convocatoriada, organizada en colaboración co Consello Municipal da Muller, ten por obxectivo “a participación de toda a sociedade e a concienciación sobre a violencia de xénero”.
|
ler máis... |
|
|
| |
1-5
|
|
|
|
|
|
|